Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.
Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.
07/out/2025
Os VII Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego inician o 8 de outubro o prazo de inscrición de proxectos, que estará aberto durante case catro meses. Esta iniciativa busca recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.
09/xuñ/2025
O pasado sábado, 7 de xuño, o Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos VI Premios Mil Primaveras (2024), convocados pola CTNL. Colaboran nestes premios a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.
01/xuñ/2025
O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acollerá o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Será o sábado 7 de xuño ás 11.30 horas e estará conducido pola narradora e actriz Atenea García. O acto conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputacion Provincial de Pontevedra.