Galego para peques

Listaxe de proxectos

Galego para peques

Galego para peques é un proxecto audiovisual pensado para estender o uso do galego na infancia. Con isto pretendemos proporcionar recursos audiovisuais para o ensino e as familias, o máis atractivos posibles, que poidan favorecer o consumo de música e narrativa en galego para peques de educación infantil e primeiras etapas de educación primaria.

Galego para peques conta na súa canle de YouTube con diversos vídeos animados, desde cancións para aprender as cores, letras, números, formas, días da semana, partes do corpo ou consentimento; ata contos ou vídeos para aprender vocabulario e mesmo ler e escribir as letras do abecedario galego. Tamén contamos con cancións apoiadas en pictos ou pictogramas, unha ferramenta de comunicación aumentativa e alternativa (CAA) que adoita empregarse para axudar ás persoas con necesidades educativas especiais a comunicarse, a comprender o mundo que as rodea e a desenvolver as súas habilidades e, por outra banda, estamos a subir tamén as cancións con subtítulos en galego-portugués, en colaboración coa AGAL. Tamén facilitamos fichas pensadas como material de apoio aos vídeos e deste xeito asentar os conceptos mentres se colorean, recortan ou unen as personaxes das nosas cancións. Ademais, tamén subimos a todas as plataformas dixitais de música as cancións da nosa canle, favorecendo así outra maneira de consumir o noso contido dun xeito afastado das pantallas.
Outro dos obxectivos de galego para peques e tecer redes entre as nais, pais e as docentes galegas de educación infantil e primeiras etapas da educación primaria, para o cal empregamos os nosos perfís nas redes sociais.

Edición: Sexta edición (2024-2025)
Entidade: Galego para peques
Premiado na categoría: Premio Mil Primaveras
Premiado no ano: 2024

Proxecto detallado

Ligazóns a audios

Ligazóns a vídeos

Galego para peques
Galego para peques
Galego para peques
Galego para peques
Galego para peques